Empresa Galega especialista en fabricación de iluminacións artísticas e decorativas, montaxes e instalacións de luces de nadal en España desde 1979. Alumado festas, alumado de entroido, centros comerciais, empresas, hoteis, rúas e avenidas comerciais, festas gastronómicas, festas patronais, feiras.
Montaxes profesionais de iluminación artística e decorativa, así como servizos de son propios, grupos electrógenos e montaxes de liñas de forza..
Transformamos os diferentes recintos, rúas e avenidas para gozar do entroido baixo a iluminación decorativa con deseño propio que viches as cidades.
Festas patronais, festas gastronómicas ou eventos engalánanse para recibir ao público para gozar baixo o brillo da iluminación festiva.
A fusión da tradición do Nadal cos novos materiais e tecnoloxía elaborámolos para ofrecer unhas luces de nadal de calidade personalizadas.
O grupo Creacións Luminosas SL - Electromiño fundada por Ramón Pereira é unha historia de traballo, esforzo, constancia e innovación na súa segunda xeración, combinando o pasado, presente e futuro dunha familia galega. 42 anos iluminando concellos, festas patronais, do Nadal, entroido, feiras, festas, eventos, centros comerciais tanto interior como exterior, rúas, avenidas comerciais, fachadas e múltiples instalacións diversas e todo tipo de festexos.As principais cidades e concellos confíannos as súas instalacións de iluminación para as súas festas e eventos. A nosa ampla experiencia e traxectoria permítenos proporcionar produtos de gran calidade, seriedade, garantindo a mellor relación de prezo e rendemento para Concellos, Institucións, Centros Comerciais, Hoteis, Comisións de Festas e Empresas. Cos novos produtos, ofrecemos o máximo cumprimento coas normativas vixentes, respectando o medioambiente e garantindo unha notable redución no gasto de electricidade dado o baixo consumo enerxético do material exclusivamente deseñado e fabricado por Electromiño.
Somos un gran equipo que estamos en continua formación, contamos cun persoal de profesionais de fabricación, montaxes, instalación, creativos, que aposta cada día polos deseños máis innovadores para a iluminación artística e decorativa de nadal, entroido, festas, feiras e eventos. Todas as nosas instalacións están dotadas con todos os recursos humanos e técnicos para o desenvolvemento, fabricación e instalación de todo tipo de iluminación decorativa. Deseñamos e fabricamos os nosos propios motivos nas nosas instalacións situadas o sur da provincia de Pontevedra na localidade de Tui ( Guillarei) e no Polígono Industrial do Porriño, utilizando os materiais cumprindo todas as normativas vixentes tanto en seguridade, calidade, dando un servizo integral, con técnicos especializados. Renovamos os nosos deseños ano tras ano, fusionando as máis modernas tecnoloxías, materiais en motivos de iluminación e cor. Diriximos, administramos e executamos os proxectos de Iluminación e son dos principais concellos de España e Portugal.
Ofrecemos produtos e servizos de alta calidade tanto en fabricación, montaxes, deseño, tecnoloxía e sempre á vangarda do último en Iluminación artística e decorativa. Deseños orixinais, atractivos e innovadores que satisfai as necesidades dos nosos clientes, tanto en gustos, preferencias e baixo consumo, así como iluminación fabricada e personalizada ao gusto do cliente. Estudamos o seu proxecto para a decoración en iluminación para as diferentes festas da súa localidade en nadal, entroido, eventos, festas patronais, etc. Fabricación a medida de iluminación artística e decorativa baixo pedido. Ese deseño ou idea que ten en mente fabricámola á súa medida. Os nosos servizos adicionais inclúen: equipo de son, megafonía para rúas ou recintos, produción, imaxe para a proxección de vídeos en pantallas LED, así como o alugueiro de grupos electrógenos, (xeradores) montaxe de liñas de forza para o transporte de enerxía para concertos e eventos.
Iluminación de Entroido, Alumado de Festas e Iluminación de Nadal conforman os diferentes tipos de iluminacións artísticas e decorativas principais que desde a empresa Electromiño vimos fabricando e instalando desde Galicia para embelecer cidades, localidades en distintas épocas do ano.
O proceso de fabricación da iluminación artística e decorativa para por diferentes fases que desde que nace a idea ata o proceso final dura varias semanas ata que o deseño faise realidade.
Tras a realización do bosquexo clasifícanse os materiais que se van a utilizar para crear a estrutura onde irán ancorados os diferentes tipos de luces, materiais e conexións. Na nosa nave taller os operarios cortan grandes barras de aluminio ou ferro galvanizado, dobran ou dan forma para obter as diferentes pezas que tras a súa colocación na mesa de soldadura creásese a primeira peza que pasa posteriormente ao seu perfilado final.
Cuando ya tenemos la primera pieza pasa a nuestra nave de instalaciones decorativas donde se instalaran los sistemas de conexión, las luces o diferentes materiales.
En Electromiño realizamos as montaxes e desmontes dos nosos produtos co noso propio persoal altamente formado e cualificado cumprindo todas as normativas vixentes de instalación e seguridade.
As montaxes de iluminación decorativa tes as súas propias características e complexidade para iso utilizamos diferentes técnicas, sistemas de ancoraxe, transporte de enerxía e unha ampla loxística. Cada equipo de montaxe confórmase dependendo da complexidade da instalación, totalmente equipados cos seus equipos de suxeición e seguridade realizan a montaxe baixa a supervisión do director de montaxe.
A subministración e instalación da iluminación ornamental das cidades que realizamos reúne unha serie de características técnicas e estéticas dos motivos que imos instalar.
Venda, alugueiro e montaxe de iluminación artística e decorativa. Son & megafonía para rúas comerciais, prazas, recintos de festas. Alugueiro de grupos electrógenos (xeradores) desde 130 Kva a 723 Kva e instalacións de transporte de enerxía para eventos, concertos.
Os novos catálogos de loces de nadal 2022 - 2023 xa están dispoñibles. Se queres solicitar unha visita por parte de Electromiño só ten que chamarnos e un dos nosos comerciais poñerase en contacto con vostede. Grazas pola súa confianza.
6 guindastres cesta, 2 camións de repartición de material en cidade